BALONCESTO FEMENINO ENSINO LUGO

VERÁN ACTIVO 2018 CEIP A PONTE

Horario: De 09:00 a 14:00. Lugar: Instalacións do colexio A Ponte (Barrio de A Ponte, Paseo Álvaro Cunqueiro)

O ENSINO LUGO, seguindo coa súa labor de fomento e promoción da actividade física e deportiva quere estar presente nas vacacións de verán dos nenos e nenas de entre 2 e 12 anos, ofertando diferentes actividades deportivas, manuais, de entretemento e lecer, qute lles permitan manter unha continuidade das actividades extraescolares.

Tamén ten como finalidade a conciliación da vida laboral e familiar a todos aqueles pais e nais que polas súas obrigas teñan dificultade para atender os seus fillos neste período de vacacións escolares en horario de mañá.

OBXECTIVOS
- Fomentar os valores positivos do deporte: constancia, traballo en equipo, respeto polos demais, autosuperación.
- Desenvolver hábitos saudables.
- Promocionar o baloncesto e as actividades deportivas.
- Gozar das actividades de grupo e pasar unha semana divertíndose.
- Mellorar as habilidades coordinativas básicas.

Descarga a inscrición

Publicidad
SÍGUENOS EN