BALONCESTO FEMENINO ENSINO LUGO

Convenio de colaboración Galén y Ensino

Esta mañá no centro educativo Galén, a plantilla do Durán Maquinaria Ensino ao completo, fixo unha visita aos alumnos e alumnas de educación primaria, onde houbo quenda de preguntas, anécdotas e firma de autógrafos.

Máis tarde, levouse a cabo a firma  do convenio de colaboración entre as dúas entidades, o Centro Galén e o Ensino Lugo, e a presentación de todas as xogadoras e xogadores becados polo clube que estudan en Galén. Para esta firma acudiron Raul Pérez, director do centro e Ramón Alonso, directivo de Ensino Lugo así coma todas as xogadoras do primeiro equipo xunto coas novas promesas do clube. 

Estas bolsas son un apartado máis do devandito convenio e que entra dentro do marco global de formación integral das mozas e mozos, que  tanto o Ensino e o Centro Galén, teñen como idea de deporte de formación. Familias que apostaron por este proxecto deportivo e educativo dende distintas partes da península y Europa.

Eva Pardo , Paula Hoyuelos, Natalia García, Alba Ruano, Elena Lijo Laura Ibáñez, Matea Nikolic, Cristian Vidal e Hugo Rei gozan desta oportunidade para seguir crecendo tanto deportivamente como educativamente.

Publicidad
SÍGUENOS EN